Concellería de Xuventude
Presentación
A Concellería de Xuventude ten como obxectivo principal a planificación, xestión, desenvolvemento e coordinación da programación municipal destinada á poboación de entre 12 e 30 anos.
A través da Oficina de Información Xuvenil (OIX) préstanse servizos de información e asesoramento á xuventude do concello sobre aqueles temas relacionados con diferentes ámbitos do seu interese.
Servizos que prestamos
- Informamos á xuventude en relación cos programas e actividades que levamos a cabo e os servizos que prestamos.
- Asesoramos e orientamos ás mozas e mozos a través das Asesorías Xuvenís, sobre os seguintes temas:
Asesoría Xurídica Presta asistencia en temas xurídicos que afectan á xuventude, tales como dereitos das mozas e mozos, interpretación de textos legais, información en relación coa vivenda (bolsas, hipotecas, subvencións, contratos, dereitos e deberes do inquilino e do propietarios, seguros, etc.).
Asesoría Sexual Ofrece información e asesoramento sobre temas relacionados coa sexualidade, orientando tanto ás familias como aos adolescentes.
Asesoría Psicolóxica É un servizo de atención psicolóxica, onde se poden plantexar aspectos persoais, emocións, pensamentos ou condutas que preocupan ás mozas e mozos e que interfiren no seu desenvolvemento.
- Programamos, organizamos e coordinamos o Arde Lucus, unha festa de carácter histórico na que se celebra o solsticio de verán e conmemórase o pasado romano da cidade.
- Xestionamos o uso de espazos e locais na Casa da Música para o desenvolvemento de actividades de forma regular e continuada ou ben de maneira puntual. Contamos con dous locais de ensaio para os grupos musicais que figuren inscritos no censo musical do Concello e cunha sala multifuncións onde as mozas e mozos poden reunirse para empregar os xogos que temos á súa disposición e organizar concertos.
- Organizamos, executamos e coordinamos programas dirixidos á xuventude,como:
PreviLugo Trátase dun programa de intervención socioeducativa nos centros educativos da cidade, públicos e concertados. Realízanse obradoiros para o alumnado e para docentes, abordando as seguintes materias:
- Educación afectivo-sexual.
- Resolución de conflitos.
- Consumo responsable.
- Prevención da violencia.
- Promoción da saúde.
- Habilidades sociais.
- Técnicas de estudo.
- Culturas para convivir.
Movida Alternativa Xuvenil (MAX) Constitúe unha alternativa de ocio nocturno, un espazo para que as mozas e mozos da cidade poidan gozar dun tempo de lecer distinto ao convencional na fin de semana.
Outras actuacións Encamiñadas a coñecer as inquedanzas da xuventude do Concello, co obxecto que nos fagan chegar as súas suxestións.
- Organizamos cursos de formación para facilitar a adaptación dos perfís profesionais da xuventude ás demandas do mercado laboral
- Organizamos cursos de interese para a xuventude, nas seguintes disciplinas: maxia, formación musical (guitarra, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, percusión e técnica vocal), etc.
- Programamos e realizamos actividades do tempo de lecer, dirixidas á xuventude, que teñen como fin fomentar un ocio saudable entre a mocidade da cidade: Actividades de animación sociocultural nas diferentes zonas da cidade, Campamentos urbanos, e Excursións a lugares de interese para a xuventude.
- Organizamos e realizamos xogos, tales como “Na Busca do Tesouro”.
- Organizamos e coordinamos programas específicos en datas puntuais, como Nadal, Entroido, etc.
- Realizamos as inscricións para cursos, talleres e actividades.
- Xestionamos o censo musical do Concello de Lugo mediante a tramitación de altas, baixas e modificacións de datos dos grupos musicais inscritos.
- Expedimos o Carné Xove.
- Tramitamos subvencións en réxime de concorrencia competitiva a asociacións que desenvolven programas para a xuventude.
Os nosos compromisos
- Asesorar ás usuarias e aos usuarios sobre as materias do seu interese, de maneira gratuíta. Realízase a atención de maneira individual e personalizada, a través de profesionais que garanten un ambiente agradable, tranquilo e confidencial.
- Dispor dun mínimo de 3 orientadores nas distintas materias, nas Asesorías Xuvenís. Este servizo está dispoñible durante 9 horas semanais (3 horas por cada Asesor e materia), de luns a venres.
- Publicar e difundir a información de interese a través dos taboleiros informativos da OIX, da web municipal e de carteis publicitarios.
- Programar, organizar e coordinar anualmente o Arde Lucus.
- Contestar ás solicitudes de reservas para uso de espazos e locais na Casa da Música no prazo máximo de 5 días laborais, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
- Contestar ás solicitudes de reservas para uso de espazos e locais na Casa da Música no prazo máximo de 5 días laborais, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
- Programar e realizar durante o ano diversas actividades do tempo de lecer.
- Realizar as inscricións en cursos, talleres e actividades de maneira inmediata, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
- Tramitar a alta no censo musical do Concello de Lugo de maneira inmediata, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
- Tramitar a baixa no censo musical do Concello de Lugo de maneira inmediata, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
- Tramitar a modificación de datos no censo musical do Concello de Lugo de maneira inmediata, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
- Expedir o Carné Xove no momento, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
Seguimento dos compromisos
- Número de persoas usuarias da Oficina de Información Xuvenil no ano.
- Número de persoas usuarias das Asesorías Xuvenís no ano.
- Número de orientadoras e orientadores dispoñibles.
- Número de horas semanais de asesoramento.
- Número de folletos e carteis publicados no ano.
- Prazo medio de contestación das solicitudes de reserva para uso de espazos na Casa da Música.
- Número de persoas usuarias de espazos na Casa da Música no ano.
- Número de grupos musicais usuarios da Casa da Música no ano.
- Número de persoas usuarias de actividades da Casa da Música no ano.
- Número de cursos formativos realizados no ano.
- Número de actividades de tempo de lecer organizadas no ano.
- Número de participantes nos programas e actividades.
- Número de altas no censo musical tramitadas no momento e porcentaxe sobre as solicitadas.
- Número de baixas no censo musical tramitadas no momento e porcentaxe sobre as solicitadas.
- Número de modificacións de datos no censo musical tramitadas no momento e porcentaxe sobre as solicitadas.
- Número de carnés xoves expedidos no momento e porcentaxe sobre os solicitados.
Onde estamos
Oficina de Información Xuvenil (Centro Social Uxío Novoneyra)
Quiroga Ballesteros, 1 - 3º andar 27001 Lugo
Horario de atención ao público
Horario de inverno Luns a venres laborables, de 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:00
Horario de verán Luns a venres laborables, de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 18:00
Para contactar connosco
Tel. 982 297 496 / 010 / 982 297 350
Fax 982 297 495
xuventude@lugo.gal
www.lugo.es
Envíanos a túa opinión
Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán