Sede electrónica

Identificación da sede electrónica

A titularidade da sede electrónica do Concello de Lugo correspóndelle ao Concello de Lugo e a súa dirección electrónica de referencia é https://www.lugo.gal.

Esta sede créase e está regulada a través do Acordo Plenario do Excmo. Concello de Lugo na súa sesión celebrada o día 14 de decembro de 2009 e modificada por Acordo Plenario do 2 de febreiro de 2015,  polo que se aproban as normas de creación da sede electrónica e de regulación da xestión electrónica no Concello de Lugo (Publicado no Diario Oficial da Provincia con data de 6 de xullo de 2015)

 

Na sección Normativa pódese consular a normativa de aplicación á mesma.