Sede electrónica

Actuacións administrativas automatizadas

O artigo 41.1 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público define ”actuación administrativa automatizada”  como "calquera acto ou actuación realizada íntegramente a través de medios electrónicos por unha Administración pública no marco dun procedemento administrativo e na que non interviñese de forma directa un empregado/a público/a".

A declaración dunha actuación administrativa automatizada no ámbito do Concello de Lugo realízase mediante unha resolución da persoa titular competente, donde se establecen os sistemas de sinatura para a actuación administrativa automatizada e o órgano ou órganos competentes, segundo os casos, para a definición das especificacións, programación, mantemento, supervisión e control de calidade e, no seu caso, auditoría do sistema de información e do seu código fonte así como o órgano responsable aos efectos de impugnación.

As actuacións administrativas automatizadas que actualmente están declaradas son as seguintes: CERTIFICADOS DE EMPADROAMENTO e XUSTIFICANTE DE PRESENTACIÓN DE REXISTRO