Verificación de Documentos por CSV
Todos os documentos electrónicos asinados polo Concello de Lugo posúen un Código Seguro de Verificación (CSV), que identifica, de forma única, as disposicións, actos e anuncios publicados polo Concello, e que está impreso nos documentos de forma visible.
Este código ten unha utilidade fundamental en tanto que posibilita o cotexo cun documento electrónico orixinal e convérteo nunha copia imprimible auténtica. Do mesmo xeito, permite contrastar a autenticidade de calquera documento electrónico xerado polo Concello de Lugo.
Mediante este servizo, poderase comprobar a sinatura electrónica, a integridade e a autenticidade dun documento asinado dixitalmente por quen represente ao Concello de Lugo. Só ten que introducir neste recadro o CSV que aparece impreso no documento que desexa verificar.
No caso de que o documento sexa válido, tamén terá a posibilidade de obter unha copia do orixinal en formato electrónico.
Se dispón do documento electrónico, tamén pode empregar VALIDe, o validador de sinatura electrónica do portal administracion.gob.es. Pode acceder a este servizo na seguinte ligazón.