Sede electrónica
A sede electrónica do Concello de Lugo é un servizo en internet posto á disposición da Cidadanía para que esta poida acceder aos servizos, á información e á tramitación electrónica dos principais procedementos da devandita institución.
A súa creación responde ó dereito da Cidadanía (definido en la Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas) a relacionarse e comunicarse por medios electrónicos coas Administracións Públicas, e á obriga destas de fornecer mecanismos que permitan comunicarse e relacionarse con elas por medios electrónicos coas mesmas garantías que se ofrecen presencialmente.
Pola súa banda la Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público establece que a sede electrónica pode corresponder a un ou varios organismos públicos ou entidades, o que permite que a sede electrónica do Concello de Lugo dea soporte a servizos da Comisión da Transparencia de Galicia e ao Comisionado de Transparencia.
Así mesmo, compre salientar que na posta en marcha da sede electrónica do Concello de Lugo tivéronse en conta as medidas xurídicas, organizativas e técnicas que garanen que os contidos e os servizos préstense neal baixo os principios de publicidade oficial, responsabilidade, calidade, seguridade, dispoñibilidade, accesibilidade, neutralidade, interoperabilidade e identificación e autenticación.