Sede electrónica

DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE

O Concello de Lugo está comprometido coa accesibilidade na web. Para lograr este obxectivo, segue tecnoloxías estándar establecidas polo W3 C (World Wide Web Consortium) e a Iniciativa de Accesibilidade web. O Concello de Lugo defende a idea de crear un portal para todos e todas, loitando por chegar a cada cidadán e cidadá, sen que a súa discapacidade se converta nun elemento discriminatorio.

CONFORMIDADE CON ESTÁNDARES

A política de accesibilidade do Concello de Lugo realizouse en cumprimento co establecido nas Pautas de Accesibilidade para a Contido Web na súa versión 2.0 (WCAG 2.0) dispoñibles en WCAG 2.0

Así mesmo, tamén se tiveron en consideración os requisitos da Norma UNE 139803:2004, base sobre a que se asenta a lexislación actual en España en materia de accesibilidade. O cumprimento das WCAG 2.0 realízase no seu nivel intermedio ou Nivel de Conformidade AA (“dobre A”). Co cumprimento deste nivel de conformidade preténdense eliminar as barreiras de accesibilidade que poderían impedir ou dificultar o acceso a usuarios e usuarias con discapacidade.

As tecnoloxías das que se depende para poder acceder ao contido accesible son HTML, CSS e javascript.