O Concello de Lugo, co fin da mellora continua da accesibilidade do portal, pon ao dispor dos cidadáns un sistema de contacto a través do correo electrónico 010@lugo.gal para informar sobre as dificultades de acceso, realizar consultas ou enviar suxestións en canto á accesibilidade do portal.
Entre outras, consideráronse as seguintes medidas para permitir ao usuario navegar con maior facilidade:
- Multinavegador: as páxinas presentan unha correcta visualización en diferentes navegadores (Chrome, Mozilla, Internet Explorer, Safari).
- Aspectos visuais: unha folla de estilos permite ao usuario axustar o portal ás súas necesidades visuais. Os documentos poden lerse sen follas de estilos.
- Aspectos semánticos: a organización dos elementos das distintas páxinas permite a comprensión xeral do sitio. Utilízase unha linguaxe sinxela e fácil de comprender.
- Cambios de idioma: estes identifícanse mediante a etiqueta correspondente para facilitar a tarefa a quen navega con lectores de texto.
- Navegación coherente: asegúrase a consistencia no sitio web, logrando que a navegación sexa coherente en todas as páxinas e ofrecendo unha experiencia de usuario gratificante.
- Tamaño de texto e contedores: o tamaño do texto e os contedores definíronse correctamente. Desta maneira, o contido amplíase perfectamente.