Sede electrónica

Buzón de queixas e suxestións sobre o funcionamento da sede electrónica

O servizo de Queixas e Suxestións ten como finalidade a de coñecer a opinión dos usuarios e mellorar a calidade dos servizos que ofrece o Concello de Lugo

Se vostede desexa formular unha queixa ou suxestión relativa á Sede Electrónica do Concello de Lugo, pode enviala por correo electrónico ao enderezo  soporte.sede@lugo.gal 

Según o Real Decreto 951/2005, de 29 de xullo, polo que se establece o marco xeral para a mellora da calidade na Administración General del Estado, o prazo máximo para a resposta será de quince (15) días naturais.

Ao facelo, por favor, teña en conta as seguintes definicións:

Queixas Corresponden a manifestacións de desconformidade co funcionamento da sede electrónica do Concello de Lugo e que constitúen unha falta de calidade do servizo prestado. Terán a consideración de queixas os escritos e comunicacións nos que os cidadáns realicen unicamente manifestacións de desconformidade coa prestación dos servizos, especialmente sobre tardanzas, desatencións, ou calquera outro tipo análogo de deficiente actuación que observen no funcionamento dos servizos públicos do Concello de Lugo que constitúa falta de calidade no servizo prestado. A formulación dunha queixa non impide nin condiciona o exercicio de cantas reclamacións, dereitos ou accións de carácter administrativo ou xudicial, poidan corresponder ao cidadán, nin suporá, por tanto, paralización dos prazos para a interposición destas. Pola propia natureza da queixa, contra a súa resposta non caberá recurso algún, sen prexuízo de que os motivos da queixa poidan volver exponerse nos posibles recursos que caiba interpoñer no procedemento administrativo co que gardan relación.

As queixas non teñen a natureza de recurso administrativo, reclamacións previas ao exercicio de accións xudiciais, reclamacións por responsabilidade patrimonial da administración, nin de reclamacións económico-administrativas, polo que a súa presentación non paraliza os prazos establecidos para os citados recursos e reclamacións na normativa vixente. Tampouco teñen a natureza de solicitudes presentadas ao amparo da Lei Orgánica 4/2001, do 12 de novembro, Reguladora do Dereito de Petición. Estas queixas non condicionan, en modo algún, o exercicio das restantes accións ou dereitos que, de conformidade coa normativa reguladora de cada procedemento, poidan exercer aqueles que se consideren interesados no procedemento.

Suxestións Propostas formuladas para mellorar a calidade dos servizos públicos e, en especial, aquelas que poden contribuír a simplificar, reducir, ou eliminar trámites ou molestias nas súas relacións co Concello de Lugo.