Sede electrónica
Para garantir un uso óptimo da sede electrónica do Concello de Lugo é recomendable cumprir estes requisitos mínimos:
Nas comunicacións e notificacións realizadas polo Concello utilízanse normalmente ficheiros en formato PDF (Portable Document Format). Para velos terá que ter instalado no seu PC un visualizador deste tipo de ficheiros, por exemplo Adobe Reader (gratuito).
Outro tipo de ficheiro usado frecuentemente son os documentos asinados electrónicamente en formato XAdES, que levan a extensión .xsig. Para visualizar estes ficheiros poderá descargar a utilidade Ecofirma .
A aplicación eCoFirma é unha aplicación de escritorio que permite a sinatura e validación electrónica de documentos en formato XAdES dunha maneira sinxela e rápida.
A aplicación eCoFirma, está dispoñible para a súa descarga, pero non se dará soporte informático á mesma. Recoméndase a utilización da nova aplicación Autofirma
AutoFirma é unhaferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións de sinatura de ficheiros locais en entornos de escritorio (Windows, Linux e Mac OS). Ofrece a posibilidade de realizar sinatura en calquer tipo de documento de forma sinxela
Descargar a última versión dispoñible de Autofirma e toda a documentación asociada como as versións e manuais para os sistemas operativos referenciados