Sede electrónica
O artigo 3.2 do Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro, de acordo ao disposto na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público de acceso electrónico dos e das cidadáns aos servizos públicos, determina que a Orde de creación da Sede deberá identificar ao seu titular, así como do órgano ou órganos encargados da xestión e dos servizos postos ao dispor da cidadanía na mesma.
En cumprimento do devandito precepto créase a sede electrónica desta Administración Municipal, (https://www.lugo.gal). Estableceuse, por Resolución da Alcaldía a titularidade e o réxime de responsabilidade. De acordo co art. 38.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, “o establecemento dunha sede electrónica conleva a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que poida accederse a través da mesma”. O artigo 7.1 do Real Decreto polo que se desenvolve parcialmente dita Lei engade que “O titular da sede electrónica que conteña unha ligazón ou vínculo a outra cuxa responsabilidade corresponda a distinto órgano ou Administración Pública non será responsable da integridade, veracidade nin actualización desta última”. A sede establece os medios necesarios para que a cidadanía coñeza se a información ou servizo ao que accede correspóndelle á propia sede ou a un punto de acceso que non ten o carácter de sede ou a un terceiro”.
Privacidade e Protección de Datos
A través da Sede electrónica do Concello de Lugo non se recollen datos de carácter persoal sen consentimento do interesado ou sen que exista unha norma que así o regule. Os datos achegados utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación para a que se trate. Dáse cumprimento aos preceptos da Lei 39/2015
De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, e en cumprimento da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais, os datos obtidos a través da Sede electrónica serán tratados para os fins para os que foron solicitados e ante quen as persoas afectadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos mesmos, así como a posta de reclamacións ante a autoridade de control. O tratamento de datos queda lexitimado por obrigación legal e o consentimento das persoas interesadas. A presentación de solicitudes supón unha clara acción afirmativa en relación ao tratamento dos datos persoais incorporados á mesma. Os datos comunicaranse ás unidades administrativas municipais competentes na materia relacionada coa comunicación realizada e non poderán ser cedidos a terceiros excepto nos supostos previstos na normativa vixente sobre protección de datos de carácter persoal. (https://www.aepd.es/)
Proporciónase a seguinte información en relación ao tratamento dos seguintes datos:
RESPONSABLE DO TRATAMENTO:
A información facilitada nos formularios da Sede electrónica é titularidade do Concello de Lugo, domiciliado en Praza Maior, nº 1 27001, Lugo.
Para calquera información adicional pódese realizar consulta a través dos seguintes medios: -
Teléfono: 982 297 100 – Correo electrónico: 010@concellodelugo. org –
Contacto Delegado de Protección de datos: dpd.lugo@seguridadinformacion.com
FINALIDADE:
Tramitación das solicitudes instadas pola/o interesada/o
LEXITIMACIÓN:
O tratamento dos datos de carácter persoal queda lexitimado por unha obrigación legal, de conformidade co artigo 8 dá Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e fundaméntase na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
DESTINATARIOS:
Os datos comunicaranse ás unidades administrativas municipais competentes na devandita materia. Non está prevista a comunicación de datos a terceiros alleos ao Concello nin a transferencia internacional dos mesmos.
DEREITOS:
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se, no Concello de Lugo, trátanse os datos persoais que lles incumben ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para o cumprimento dos fins para os que foron recollidos e no cumprimento da lexislación vixente. En determinados casos, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos. Nese caso, unicamente conservaranse para o exercicio ou a defensa de reclamacións. En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, as persoas interesadas poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. O Concello de Lugo deixará de tratar os datos, excepto por motivos lexítimos, imperiosos ou no exercicio ou a defensa de posibles reclamacións. A persoa interesada ten dereito a recibir os datos persoais que facilitou ao Concello de Lugo nun formato estruturado, de uso común e lectura automatizada. Este último dereito limitarase polas seguintes excepcións:
a) Que os datos sobre os que recae este dereito fosen facilitados pola persoa interesada.
b) Que os datos sexan tratados polo Concello de Lugo de forma automatizada.
Así mesmo ten dereito a retirar o consentimento outorgado, nese caso será efectivo desde o momento no que o solicite, sen ter efectos retroactivos, así como o dereito para reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es)
Esta política de privacidade é de aplicación ás páxinas da sede, non se garante nos accesos a través de ligazóns con este sitio nin ás ligazóns desde este sitio con outras web.