Sede electrónica

 

Aviso Legal
Alcance do servizo

Esta sede electrónica, da que é titular o Concello do Lugo, con NIF S6500009C, enderezo na Praza Maior, 1, 27001 Lugo, e teléfono 982 29 71 00, está constituída polo sitio web asociado ao subdominio lugo.gal.

 

Protección de datos

Os datos recollidos nos nosos ficheiros informatizados, a partir dos facilitados de forma voluntaria por vostede, incorpóranse a ficheiros automatizados e/ou manuais cuxo titular é o Concello do Lugo. Son confidenciais e só poderán ser utilizados para cada unha das actividades de tratamento desenvolvidas polo Concello do Lugo, conforme ao previsto na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes.

A continuación achegámoslle a información sobre a política de protección de datos do Concello do Lugo.

  • Responsable do tratamento Os datos de carácter persoal que se puidesen recoller directamente da persoa interesada serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento de titularidade do Concello do Lugo. A relación actualizada das actividades de tratamento que o Concello do Lugo leva a cabo encóntrase dispoñible na seguinte ligazón ao rexistro de actividades de tratamento do Concello do Lugo.  
  • Finalidade A finalidade do tratamento dos datos corresponde a cada unha das actividades de tratamento que realiza o Concello do Lugo e que están accesibles no rexistro de actividades de tratamento do Concello do Lugo disponibles na seguinte ligazón.  
  • Lexitimación O tratamento dos seus datos realízase para o cumprimento de obrigas legais por parte do Concello do Lugo, para o cumprimento de misións realizadas en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao Concello do Lugo, así como cando a finalidade do tratamento requira o seu consentimento, que deberá ser prestado mediante unha clara acción afirmativa. Pode consultar a base legal para cada unha das actividades de tratamento que leva a cabo o Concello do Lugo na seguinte ligazón ao rexistro de actividades de tratamento do Concello do Lugo.  
  • Conservación de datos Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recadan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos en materia de arquivo e documentación.  
  • Comunicación de datos Con carácter xeral non se comunicarán os datos persoais a terceiros, agás nos supostos en que exista unha obriga legal. Pode consultar os destinatarios para cada unha das actividades de tratamento que leva a cabo o Concello do Lugo no seguinte enlace ao rexistro de actividades de tratamento Concello do Lugo.  
  • Dereitos dos interesados Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre os tratamentos dos seus datos que leva a cabo o Concello do Lugo. Pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos persoais en calquera momento remitindo un escrito acompañado de copia do seu DNI a Concello do Lugo, Praza Maior, 1.27001 Lugo.  
  • Delegado de Protección de Datos (DPO) Exerce as competencias de Delegado de Protección de Datos do Concello do Lugo. Datos de contacto do Delegado de Protección de Datos:  

 

Uso do portal
  • Política de cookies As cookies son pequenos ficheiros que se descargan no seu equipo a través do navegador para almacenar información e recuperala en posteriores visitas. A institución do Concello do Lugo non utiliza cookies para recoller información dos usuarios, nin rexistra as direccións IP de acceso. No Concello do Lugo só se utilizan cookies propias para recordar as súas preferencias e mostrar contidos persoalizados e cookies analíticas para obter estatísticas sobre o comportamento conxunto dos usuarios. Neste sentido, coa finalidade de ofrecerlle un mellor servizo e co obxecto de facilitar o uso da sede electrónica, analízase o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a actividade dos usuarios e a súa frecuencia de acceso. A estes efectos, o Concello do Lugo utiliza ferramentas estándar de análise estatístico. Se non desexa permitir o uso de cookies pode desactivalas e borralas dende o seu navegador. Este axuste encóntrase habitualmente no menú de opcións ou preferencias dos principais programas. A sede do Concello do Lugo contén ligazóns a sitios web de terceiros, cuxas políticas de privacidade son alleas ás desta institución. Ao acceder a tales sitios web vostede pode decidir se acepta as súas políticas de privacidade e de cookies. Con carácter xeral, se navega pola Internet vostede pode aceptar ou rexeitar as cookies de terceiros desde as opcións de configuración do seu navegador.  
  • Calidade da información O Concello do Lugo velará pola certeza, exactitude e veracidade de todos os datos e contidos publicados na sede electrónica, para o que realizará os esforzos precisos para ofrecer unha información completa e actualizada, evitar erros, e no seu caso, rectificalos. Así mesmo, a institución comprométese a procurar unha mellora constante en termos de deseño responsable, usabilidade e accesibilidade para garantir o acceso a todas persoas con independencia das súas capacidades físicas, sensoriais ou intelectuais. O Concello do Lugo resérvase o dereito de realizar, en calquera momento, modificacións sobre a información contida na sede electrónica así como na súa configuración ou presentación, sen que sexa necesario aviso previo. Os textos, normativa e en xeral calquera información contida nas páxinas desta web teñen carácter meramente informativo, polo que suxerimos comprobe a vixencia e exactitude dos datos nas fontes administrativas oficiais correspondentes.  
  • Cláusula de exención de responsabilidades Tanto o acceso á sede electrónica, como o uso da información contida na mesma son de exclusiva responsabilidade de quen o realiza. O Concello do Lugo non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidera derivarse de dito acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación da lexislación á que deba someterse no exercicio das súas competencias. O Concello do Lugo non garante a inexistencia de erros no acceso á sede electrónica ou nos contidos nesta publicados, nin que estes se atopen completamente actualizados. O Concello do Lugo non será responsable de posibles danos ou prexuízos que se poidan derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarias telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo do sistema motivados por causas alleas á institución, así como dos danos que poidan causar terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control do Concello do Lugo. O Concello do Lugo non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos propiedade de terceiros que poidan estar enlazados nesta web. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas pertencen aos seus respectivos autores e propietarios e a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces serán inmediatamente retirados. A presente cláusula de exención de responsabilidade non ten por obxecto limitar a responsabilidade do Concello do Lugo de forma contraria ao disposto polas normativas aplicables, nin excluír a súa responsabilidade nos casos nos que, en virtude das ditas normativas, non se poida excluír.  
  • Uso de linguas De acordo co artigo 15 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico español, a sede electrónica posibilita o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.