Sede electrónica

Verificación do certificado da Sede

Pode verificar a validez dos certificados da Sede electrónica do Concello de Lugo no servizo Valide ao que pode acceder a través da seguinte ligazón (a palabra ligazón é o propio hiperenlace).

Unha vez nel siga estes pasos:

  1. Seleccione Validar Sede electrónica (tamén pode chegar a esta opción directamente nesta ligazón)
  2. Introduza a dirección da sede do Concello de Lugo (https://www.lugo.gal).
  3. Indique o código de seguridade mostrado na páxina de Valide.
  4. Pulse sobre o botón Validar.

Para a validación de documentos asinados pódese utilizar tamén a plataforma Valide.