Departamento municipal de Tráfico
Presentación
O departamento municipal de Tráfico e Transportes encárgase de xestionar todos aqueles aspectos relacionados coa mobilidade e accesibilidade urbana, así como de planificar e supervisar as actuacións municipais nesas materias, co obxecto de garantir que as actividades diarias da cidadanía transcorran de forma segura, cómoda e económica.
Servizos que prestamos
- Informamos á cidadanía sobre os trámites que realizamos e os servizos que prestamos, de forma presencial e telefónica.
- Levamos a cabo a planificación das redes de transporte público urbano (rutas, frecuencias e horarios), e supervisamos o correcto funcionamento do servizo.
- Regulamos o servizo público de autotaxi no termo municipal.
- Xestionamos e regulamos o aparcamento nas zonas de estacionamento limitado (zona ora).
- Xestionamos e regulamos o acceso de vehículos a zonas peonís.
- Tramitamos as solicitudes de expedición de tarxeta subvencionada de transporte urbano.
- Tramitamos os expedientes relativos ás seguintes autorizacións ou licenzas:
- Servizo de taxi.
- Vao: licenza de entrada e saída de vehículos a través das beirarrúas para os garaxes, aparcamentos ou locais comerciais ou industriais.
- Ocupación de vía pública: autorización para realizar actividades na vía pública distintas da mera circulación ou estacionamento, tales como operacións de carga e descarga, obras, mudanzas, instalación de guindastres e plataformas elevadoras, etc.
- Celebración de festas en barrios e parroquias.
- Prestación do servizo de transporte escolar dentro do núcleo urbano.
Os nosos compromisos
- Facilitar a información á cidadanía no momento da súa petición. No caso de non ser posible, tomaremos o seu teléfono e porémonos en contacto coa persoa interesada á maior brevidade.
- Desenvolver plans de mellora do transporte público coa implantación de novas rutas e a ampliación das existentes.
- Promover a utilización do transporte colectivo a través de campañas de concienciación da cidadanía.
- Tramitar as solicitudes de tarxeta de zona ora no prazo máximo de 1 mes, unha vez completo o expediente.
- Tramitar as solicitudes de tarxeta de acceso de vehículos a zonas peonís no prazo máximo de 1 mes, unha vez completo o expediente.
- Tramitar as solicitudes de tarxeta subvencionada de transporte urbano no prazo máximo de 1 mes, unha vez completo o expediente.
- Tramitar as autorizacións e licenzas no prazo máximo de 1 mes, unha vez completo o expediente.
Seguimento dos compromisos
- Número de consultas presenciais atendidas no momento e porcentaxe sobre o total.
- Número de consultas telefónicas atendidas no momento e porcentaxe sobre o total.
- Número de campañas de concienciación da cidadanía realizadas anualmente.
- Número de solicitudes de tarxeta de zona ora tramitadas no prazo de 1 mes, e porcentaxe sobre o total.
- Número de solicitudes de tarxeta de acceso de vehículos a zonas peonís tramitadas no prazo de 1 mes, e porcentaxe sobre o total.
- Número de solicitudes de tarxeta subvencionada de transporte urbano tramitadas no prazo de 1 mes, e porcentaxe sobre o total.
- Número de autorizacións e licenzas tramitadas no prazo de 1 mes, e porcentaxe sobre o total.
Onde estamos
Edificio da Policía Local
Rúa das Artes 35 27002 Lugo
Horario de atención ao público
Atención presencial Luns a venres laborables, de 10:00 a 13:00
Atención telefónica (010) Luns a venres laborables, de 8:30 a 20:30. Sábados laborables, de 9:00 a 14:00
Para contactar connosco
Tel. 010 / 982 297 350
010@lugo.gal
www.lugo.es
Envíanos a túa opinión
Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán