Tesourería Municipal
Presentación
A Tesourería Municipal pertence á Área de Economía e Emprego e a súa función comprende o manexo e a custodia de fondos, valores e efectos do Concello e a realización dos servizos de recadación.
Servizos que prestamos
- Información a contribuíntes e provedores en relación cos trámites que se realizan e cos expedientes en trámite.
- Realización de todos os pagamentos do Concello e o seu rexistro contable.
- Organización e xestión da recadación tributaria e non tributaria:
- Determinación dos prazos e medios de ingreso.
- Convenios de colaboración con entidades colaboradoras na recadación.
- Remisión ás entidades colaboradoras dos datos precisos para efectuar a recadación.
- Cobro en efectivo na caixa municipal.
- Contabilización de todos os ingresos.
- Xestión de domiciliacións bancarias.
- Xestión da recadación en vía executiva:
- Ditamento de providencias de constrinximento.
- Realización de embargos.
- Derivación da responsabilidade.
- Custodia de fondos, valores e efectos.
- Tramitación de expedientes de devolución de ingresos indebidos.
- Tramitación de expedientes de aprazamento e fraccionamento de débedas tributarias.
- Emisión de certificacións de estar ao corrente co Excmo. Concello de Lugo.
- Resolución de recursos de reposición contra os trámites relativos ao procedemento de recadación.
- Emisión de informes e incoación dos expedientes en relación co Tribunal Económico Administrativo.
Os nosos compromisos
- Atender e informar ao público de maneira correcta, rápida e eficiente.
- Responder ás consultas formuladas polas persoas interesadas, tanto presencial como telefonicamente, no día.
- Responder ás consultas formuladas por escrito no prazo máximo de 10 días hábiles.
- Realizar os pagamentos no prazo máximo de 10 días hábiles, unha vez recibido o mandamento de pago con todos os requisitos imprescindibles para efectualo.
- Resolver os expedientes de devolución de ingresos indebidos no prazo máximo de 90 días hábiles.
- Resolver os expedientes de aprazamento e fraccionamento de débedas tributarias no prazo máximo de 30 días hábiles, unha vez recibida toda a documentación necesaria.
- Emitir as certificacións de estar ao corrente co Excmo. Concello de Lugo no prazo máximo de 10 días hábiles.
Seguimento dos compromisos
- Número de consultas presenciais atendidas no día e porcentaxe sobre o total.
- Número de consultas telefónicas atendidas no día e porcentaxe sobre o total.
- Número de consultas por escrito contestadas no prazo máximo de 10 días hábiles e porcentaxe sobre o total.
- Número de pagamentos realizados no prazo máximo de 10 días hábiles e porcentaxe sobre o total.
- Número de expedientes de devolución de ingresos indebidos resoltos no prazo máximo de 90 días hábiles e porcentaxe sobre o total.
- Número de expedientes de aprazamento e fraccionamento de débedas tributarias resoltos no prazo máximo de 30 días hábiles e porcentaxe sobre o total.
- Número de certificacións de estar ao corrente co Excmo. Concello de Lugo emitidas no prazo máximo de 10 días hábiles e porcentaxe sobre as solicitadas.
Onde estamos
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197 - Baixo 27002 Lugo
Horarios de servizo
Horario de caixa Luns a venres laborables, de 9:00 a 13:30 Atención ao público Luns a venres laborables, de 9:00 a 13:30
Para contactar connosco
Tel. Información xeral 982 297 183 / 982 297 168 Tel. Recursos de reposición 982 297 296 Fax 982 297 357 010@lugo.gal www.lugo.es
Envíanos a túa opinión
Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán