Oficina de Sanidade e Consumo
Presentación
A Oficina de Sanidade e Consumo encárgase de todas aquelas funcións relacionadas coa saúde da cidadanía e os dereitos das consumidoras e consumidores, que sexan de competencia municipal.
En materia de consumo, realiza funcións fundamentalmente de información, axuda e asesoramento a consumidores e usuarias e usuarios para o axeitado exercicio dos seus dereitos, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC).
En materia de sanidade, realiza campañas de protección da saúde e leva a cabo as actuacións necesarias para o control de pragas urbanas.
Servizos que prestamos
Sanidade
- Planificamos e realizamos campañas de desratización, desparasitación e desinfección en rúas, prazas, parques, xardíns e edificios municipais.
- Planificamos e realizamos campañas dirixidas á protección da saúde pública.
- Coordinamos cos servizos de limpeza urbana.
- Vixiamos os establecementos de hostalería e alimentación.
- Controlamos as condicións hixiénico-sanitarias no mercado de venda ambulante do Parque da Milagrosa.
- Recepcionamos e remitimos ó organismo correspondente da documentación referente ao traslado de animais, guías de orixe e sanidade pecuaria.
OMIC
- Informamos e orientamos ás consumidoras e ós consumidores, así como ás usuarias e usuarios, para o axeitado exercicio dos seus dereitos, facilitando a comprensión e utilización da información.
- Atendemos e xestionamos as reclamacións, queixas e denuncias por parte das consumidoras e dos consumidores e remitimos as mesmas ás entidades ou organismos correspondentes para a súa resolución. As queixas, reclamacións e denuncias pódense presentar presencialmente, telematicamente, por correo postal e por fax.
- Realizamos campañas de educación e formación en materia de consumo e campañas divulgativas de interese para a formación e a defensa da consumidora e do consumidor.
- Orientamos a consumidoras, consumidores, usuarias e usuarios sobre os enderezos e as principais funcións doutros centros públicos ou privados, de interese para elas e eles.
- Mediamos entre a consumidora ou o consumidor e a empresa, ofrecendo diálogo que axude na procura dunha solución satisfactoria.
- Apoiamos ó sistema de Arbitraxe de Consumo mediante a realización de campañas de concienciación e o fomento das adhesións ó sistema entre as empresas.
- Controlamos e vixiamos nos mercados de venda ambulante, sobre exposición de prezos ó público.
- Colaboramos coas asociacións de consumidoras e consumidores.
Os nosos compromisos
Sanidade
- Remitir ó organismo correspondente a documentación referente ao traslado de animais, guías de orixe e sanidade pecuaria no prazo máximo de 1 día hábil.
- Realizar campañas de desratización na cidade todas as semanas, completando catro actuacións anuais completas e 2 campañas de choque ó ano.
OMIC
- Ofrecer información e orientación ás consumidoras, consumidores, usuarias e usuarios de maneira eficiente e correcta, no momento en que se solicita. No caso de non ser posible, tomaremos o seu teléfono e porémonos en contacto coa persoa interesada no prazo de 1 día hábil.
- Xestionar de forma inmediata as reclamacións, queixas e denuncias presentadas.
- Remitir ós organismos correspondentes para a súa resolución as reclamacións, queixas e denuncias presentadas, no prazo máximo de 1 día hábil.
Seguimento dos compromisos
Sanidade
- Número de expedientes referentes ao traslado de animais, guías de orixe e sanidade remitidos ó organismo correspondente no prazo de 1 día hábil; e porcentaxe sobre o total.
- Número de actuacións de desratización realizadas anualmente na cidade.
- Número de campañas de choque realizadas anualmente na cidade.
OMIC
- Número de consultas presenciais atendidas no momento e porcentaxe sobre o total.
- Número de consultas telefónicas atendidas no momento e porcentaxe sobre o total.
- Número de reclamacións, queixas e denuncias xestionadas no momento e porcentaxe sobre as presentadas.
- Número de reclamacións, queixas e denuncias remitidas ós organismos correspondentes para a súa resolución no prazo de 1 día hábil e porcentaxe sobre as presentadas.
Onde estamos
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197 - Baixo 27002 Lugo
Horarios de atención ao público
Luns a venres laborables, de 9:00 a 14:00
Para contactar connosco
Tel. 982 297 272 / 982 297 273
Fax 982 297 373
omic@lugo.gal
www.lugo.es
Envíanos a túa opinión
Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán