Facenda Local
Presentación
A Facenda Local depende da Área de Economía e Emprego do Concello e encárgase da xestión dos tributos municipais e dos prezos públicos; así como das concesións administrativas no ámbito económico.
Servizos que prestamos
- Informamos e asistimos ás persoas contribuíntes sobre os nosos servizos en horario de atención ao público (de 9:00 a 13:30 h).
- Informamos sobre o estado de tramitación de expedientes.
- Informamos sobre o estado de tramitación de recursos.
- Xestionamos e liquidamos as taxas, impostos, contribucións especiais e prezos públicos municipais.
- Emitimos os instrumentos de cobro: liquidacións, autoliquidacións e recibos.
- Revisamos os actos ditados na vía de xestión tributaria.
- Resolvemos expedientes de devolución de ingresos indebidos.
- Resolvemos expedientes de concesión de bonificacións e exencións tributarias.
- Resolvemos recursos e reclamacións en vía administrativa que afectan ás materias sinaladas.
- Remitimos expedientes ós distintos tribunais.
- Emitimos certificacións tributarias.
- Elaboramos ordenanzas fiscais e prezos públicos.
Os nosos compromisos
- Prestar unha atención personalizada e de calidade.
- Facilitar información clara e precisa ao contribuínte.
- Responder a todas as consultas telefónicas e presenciais formuladas polas usuarias e usuarios no momento. No caso de non ser posible, tomaremos o seu teléfono e porémonos en contacto coa persoa interesada no prazo de 2 días hábiles.
- Emitir as certificacións tributarias no prazo máximo de 3 días hábiles.
Seguimento dos compromisos
- Número de consultas telefónicas atendidas en prazo e porcentaxe sobre o total.
- Número de consultas presenciais atendidas en prazo e porcentaxe sobre o total.
- Número de certificacións tributarias emitidas no prazo de 3 días e porcentaxe sobre o total.
Onde estamos
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197 - 2º andar 27002 Lugo
Horario de atención ao público
Atención presencial Luns a venres laborables, de 9:00 a 13:30
Atención telefónica (010) Luns a venres laborables, de 8:30 a 20:30. Sábados laborables, de 9:00 a 14:00
Para contactar connosco
Tel. 010 / 982 297 350
010@lugo.gal
www.lugo.es
Envíanos a túa opinión
Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán