Sede electrónica

Oficina de Estatística

Presentación

A Oficina de Estatística é un órgano administrativo dependente da Concellería de Servizos Xerais do Concello de Lugo que se encarga fundamentalmente da xestión do Padrón Municipal de Habitantes, así como da relación de entidades de poboación e da actualización do seccionado censal.

O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan as veciñas e veciños do municipio. Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente, así como a comunicar ó seu Concello as variacións que se produzan tanto nos seus datos de carácter persoal como no seu enderezo.

Os datos do Padrón Municipal de Habitantes constitúen proba da residencia no concello e do domicilio habitual das veciñas e veciños, que se acredita mediante certificacións e volantes de empadroamento.

A partir dos datos do Padrón de Habitantes, o Instituto Nacional de Estatística elabora e actualiza o Censo Electoral válido para cada proceso electoral.

Servizos que prestamos

  • Informamos presencialmente á cidadanía sobre os trámites administrativos que realizamos e atendemos ás persoas interesadas nas dificultades para a tramitación dos mesmos.
  • Xestionamos o Padrón Municipal de Habitantes, o que inclúe a tramitación de altas, baixas e modificación de datos.
  • Remitimos ó Instituto Nacional de Estatística ficheiros mensuais coas variacións padroais que se producen.
  • Tramitamos ficheiros de incidencias remitidos polo Instituto Nacional de Estatística.
  • Emitimos certificados de empadroamento.
  • Emitimos volantes de empadroamento.
  • Elaboramos e rectificamos o censo electoral.
  • Expoñemos publicamente o Censo Electoral e remitimos ó Instituto Nacional de Estatística as reclamacións presentadas.
  • Colaboramos co Instituto Nacional de Estatística nas campañas para a elaboración dos censos de poboación e vivenda.

Os nosos compromisos

  • Facilitar información á cidadanía no momento en que se solicita.
  • Tramitar expedientes de alta no Padrón de Habitantes cun prazo máximo de 10 días hábiles para resolver o expediente.
  • Tramitar expedientes de cambio de enderezo padroal cun prazo máximo de 10 días hábiles para resolver o expediente.
  • Emitir Certificados de empadroamento ordinarios nun prazo máximo de 1 día hábil desde a recepción da solicitude.
  • Emitir Volantes de empadroamento no momento.

Seguimento dos compromisos

  • Número de expedientes de alta no Padrón de Habitantes resoltos no prazo de 10 días e porcentaxe sobre o total.
  • Número de expedientes de cambio de enderezo padroal resoltos no prazo de 10 días e porcentaxe sobre o total.
  • Número de Certificados de empadroamento emitidos antes de 1 día e porcentaxe sobre os solicitados.
  • Número de Volantes de empadroamento emitidos no momento e porcentaxe sobre os solicitados.

Onde estamos

Centro de Servizos Municipais Ronda da Muralla, 197 - Baixo 27002 Lugo

Horarios de atención ao público

Atención presencial Luns a venres laborables, de 9:00 a 14:00 Atención telefónica (010) Luns a venres laborables, de 8:30 a 20:30. Sábados laborables, de 9:00 a 14:00

Para contactar connosco

Tel. 010 / 982 297 350 Fax 982 297 349 010@lugo.gal www.lugo.es

Envíanos a túa opinión

Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán