Sede electrónica

Escolas Infantís Municipais

Presentación

As Escolas Infantís Municipais son centros asistenciais e educativos que están dirixidos a nenos de 0 a 3 anos. As súas funcións son:

  • Desenvolvemento harmónico e integral das nenas e nenos (físico, afectivo, social e intelectual).
  • Apoio á función educativa familiar.
  • Conciliar a vida familiar e laboral da familias.

Servizos que prestamos

  • Prestamos atención integral que contribúa ao desenvolvemento físico, intelectual, afectivo e social das nenas e nenos. Contamos para elo cun equipo educativo en continua formación e con instalacións adecuadas ás necesidades das nenas e nenos.
  • Adaptamos a práctica asistencial e educativa ao principio da diversidade.
  • Orientamos ás nais e pais en relación con aqueles aspectos da saúde e benestar das/dos súas/seus fillas/os.
  • Contamos con servizo de comedor para as nenas e nenos con menús adecuados para a súa idade, elaborados polo equipo educativo e supervisados polo médico do Concello.
  • Levamos a cabo saídas fóra do centro que aumentan as experiencias e os coñecementos das nenas e nenos.
  • Realizamos actividades culturais complementarias como teatro, música, obradoiros de creatividade, horta escolar, etc.
  • Desenvolvemos actividades con pais e nais: entrevistas individuais, reunións conxuntas, charlas-coloquio, obradoiros, celebración de festas, excursións, etc.

Os nosos compromisos

  • Facer da escola como centro de compensación das desigualdades sociais.
  • Priorizar a atención temperá de posibles anomalías detectadas nos menores.
  • Proporcionar formación continua ás profesionais que traballan nas Escolas Infantís.
  • Acercar a cultura e as tradicións locais e autonómicas ás nenas e nenos a través de celebracións: comidas, folclore e costumes.
  • Fomentar a participación das familias usuarias da escola a través de obradoiros, saídas, festas, etc.
  • Facer das escolas unhas escolas abertas ás suxestións e inquedanzas das nais e pais.

Seguimento dos compromisos

  • Número de cursos de formación anuais realizados polas profesionais que traballan nas Escolas Infantís.
  • Número de obradoiros realizados anualmente.
  • Número de festas celebradas anualmente.
  • Número de saídas realizadas anualmente.

Onde estamos

Escola Infantil Municipal "Serra de Outes" Rúa Serra de Outes, s/n 27004 Lugo

Horario de atención ao público

Horario de Oficina  Luns a venres laborables, de 8:00 a 15:00 Horario da Escola  Luns a venres laborables, de 8:00 a 20:00

Para contactar connosco

Tel. 982 297 31 2 / 982 297 497 educacion@lugo.gal www.lugo.es

Envíanos a túa opinión

Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán