Sede electrónica

Oficina de Contratación

Presentación

A Oficina de Contratación encárgase da contratación administrativa municipal de obras, servizos, subministracións, xestión de servizos públicos e concesións de obra pública e presta apoio administrativo á Mesa de Contratación e á Secretaría da mesma, co obxecto de facilitar o desenvolvemento das funcións e actividades de dito órgano.

Ten como funcións as seguintes:

  • Asesoramento á Corporación Municipal e ás dependencias municipais en materia de contratación administrativa.
  • Tramitación de expedientes e realización das actuacións complementarias que se precisen en relación coa contratación municipal.
  • Coordinación e Secretaría das Mesas de Contratación municipais.
  • Coordinación e Secretaría da Xunta de Compras.

Servizos que prestamos

  • Informamos e asesoramos ás empresas interesadas en relación cos expedientes de contratación en curso.
  • Tramitamos expedientes de contratación de obras, servizos, subministracións, xestión de servizos públicos, concesións de obras públicas e demais contratas levadas a cabo polo Concello de Lugo.
  • Asistimos e asesoramos ós órganos de contratación e ás dependencias municipais para o axeitado cumprimento da contratación administrativa.
  • Aprobamos as certificacións e facturas derivadas dos contratos celebrados polo Concello.
  • Controlamos os contratos menores a través da Xunta de Compras.
  • Apoiamos á Mesa de Contratación municipal e realizamos as funcións de Secretaría da mesma.
  • Realizamos as funcións de Secretaría do Consello Económico e Social.

Os nosos compromisos

  • Responder a todas as consultas formuladas polas persoas interesadas, tanto presencial como telefonicamente, no momento en que se solicita. No caso de non ser posible, tomaremos o seu teléfono e porémonos en contacto con ela no prazo de 1 día hábil.
  • Responder a todas as consultas recibidas por correo electrónico no prazo máximo de 1 día hábil.
  • Notificar ós servizos correspondentes o ditame das propostas presentadas á Xunta de Compras no prazo máximo de 1 día hábil desde a celebración da súa reunión.

Seguimento dos compromisos

  • Número de consultas presenciais atendidas no momento e porcentaxe sobre o total.
  • Número de consultas telefónicas atendidas no momento e porcentaxe sobre o total.
  • Número de consultas vía correo electrónico atendidas no prazo de 1 día hábil e porcentaxe sobre o total.
  • Número de notificacións de ditames realizadas no prazo de 1 día hábil desde a celebración da reunión da Xunta de Compras, e porcentaxe sobre o total.

Onde estamos

Centro de Servizos Municipais Ronda da Muralla, 197 - 3º andar 27002 Lugo

Horarios de atención ao público

Atención presencial Luns a venres laborables, de 8:30 a 14:30 Atención telefónica (010) Luns a venres laborables, de 8:30 a 20:30. Sábados laborables, de 9:00 a 14:00

Para contactar connosco

Tel. 010 / 982 297 350 Fax 982 297 259 contratacion@lugo.gal www.lugo.es

Envíanos a túa opinión

Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán