Sede electrónica

Unidad de Augas

Presentación

A Unidade de Augas encárgase da xestión administrativa do Servizo Municipal de Abastecemento de Augas, da Rede de Saneamento Municipal e do Servizo de Recollida de Lixo.

Servizos que prestamos

  • Informamos ás cidadás e ós cidadáns sobre os trámites administrativos que realizamos e atendemos ás persoas interesadas nas dificultades para a tramitación dos mesmos.
  • Tramitamos expedientes de alta no Servizo Municipal de Abastecemento de Augas, na Rede de Saneamento Municipal e no Servizo de Recollida de Lixo.
  • Tramitamos expedientes de baixa no Servizo Municipal de Abastecemento de Augas, na Rede de Saneamento Municipal e no Servizo de Recollida de Lixo.
  • Tramitamos expedientes de cambio de titularidade no Servizo Municipal de Abastecemento de Augas, na Rede de Saneamento Municipal e no Servizo de Recollida de Lixo.
  • Tramitamos expedientes de modificación de datos no Servizo Municipal de Abastecemento de Augas, na Rede de Saneamento Municipal e no Servizo de Recollida de Lixo.
  • Tramitamos expedientes de autorización de entronque á rede de augas.
  • Recollemos datos de lectura de contadores.
  • Elaboramos e aprobamos o Padrón de augas, saneamento e recollida de lixo.
  • Tramitamos as reclamacións presentadas polas cidadás e cidadáns.
  • Emitimos certificados relacionados co subministro de auga.
  • Tramitamos expedientes de inhumación sen concesión administrativa.

Os nosos compromisos

  • Facilitar á cidadanía información personalizada, clara e completa sobre os trámites que realizamos, no momento da súa petición. No caso de non ser posible, tomaremos o seu teléfono e porémonos en contacto coa persoa interesada á maior brevidade.
  • Tramitar no momento os expedientes de alta no Servizo Municipal de Abastecemento de Augas, na Rede de Saneamento Municipal e no Servizo de Recollida de Lixo, sempre e cando se aporte a documentación previamente requirida.
  • Tramitar no momento os expedientes de baixa no Servizo Municipal de Abastecemento de Augas, na Rede de Saneamento Municipal e no Servizo de Recollida de Lixo, sempre e cando se aporte a documentación previamente requirida.
  • Tramitar no momento os expedientes de cambio de titularidade no Servizo Municipal de Abastecemento de Augas, na Rede de Saneamento Municipal e no Servizo de Recollida de Lixo, sempre e cando se aporte a documentación previamente requirida.
  • Tramitar no momento os expedientes de modificación de datos no Servizo Municipal de Abastecemento de Augas, na Rede de Saneamento Municipal e no Servizo de Recollida de Lixo, sempre e cando se aporte a documentación previamente requirida.
  • Elaborar e aprobar trimestralmente o Padrón de augas, saneamento e recollida de lixo.
  • Emitir os certificados relacionados co subministro de auga no prazo máximo de 7 días hábiles.

Seguimento dos compromisos

  • Número de solicitudes de información atendidas no momento, e porcentaxe sobre o total.
  • Número de expedientes de alta no Servizo Municipal de Abastecemento de Augas, na rede de saneamento e no Servizo de Recollida de Lixo tramitados no momento, e porcentaxe sobre os solicitados.
  • Número de expedientes de baixa no Servizo Municipal de Abastecemento de Augas, na rede de saneamento e no Servizo de Recollida de Lixo tramitados no momento, e porcentaxe sobre os solicitados.
  • Número de expedientes de cambio de titularidade no Servizo Municipal de Abastecemento de Augas, na rede de saneamento e no Servizo de Recollida de Lixo tramitados no momento, e porcentaxe sobre os solicitados.
  • Número de expedientes de modificación de datos no Servizo Municipal de Abastecemento de Augas, na rede de saneamento e no Servizo de Recollida de Lixo tramitados no momento, e porcentaxe sobre os solicitados.
  • Frecuencia de elaboración e aprobación do Padrón de augas, saneamento e recollida de lixo.
  • Número de certificados relacionados co subministro de auga emitidos no prazo de 7 días hábiles, e porcentaxe sobre os solicitados.

Onde estamos

Centro de Servizos Municipais Ronda da Muralla, 197 - Baixo 27002 Lugo

Horarios de atención ao público

Atención presencial Luns a venres laborables, de 9:00 a 13:30 Atención telefónica (010) Luns a venres laborables, de 8:30 a 20:30. Sábados laborables, de 9:00 a 14:00

Para contactar connosco

Tel. 010 / 982 297 350 Fax 982 297 103 010@lugo.gal www.lugo.es

Envíanos a túa opinión

Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán