Sede electrónica

Concellería de Medio Ambiente

Presentación

O Servizo de Medio Ambiente encárgase da xestión ambiental municipal e ten como obxectivo mellorar as condicións ambientais no municipio e lograr un uso racional dos recursos, tendo como principais funcións as seguintes:

  • Recollida e xestión dos residuos xerados no ámbito domiciliario.
  • Realización da limpeza viaria na cidade.
  • Creación e mantemento de parques, xardíns e zonas verdes.
  • Xestión do ciclo da auga.
  • Realización de campañas de sensibilización ambiental.
  • Actuacións administrativas relacionadas coa tenza de animais, co Plan Especial de Protección do Río Miño (PEPRIM) e coa implantación no Concello de Lugo da Axenda 21.

Servizos que prestamos

  • Asesoramos e informamos á cidadanía e ás entidades en relación cos servizos que prestamos, cos trámites que realizamos e co medio ambiente en xeral.
  • Atendemos e respondemos ás queixas, solicitudes e suxestións da cidadanía relacionadas cos servizos que prestamos.
  • Implantamos e xestionamos a Axenda 21.
  • Realizamos campañas de información, educación e sensibilización ambiental dirixidas ó público en xeral e ós escolares do municipio.
  • Informamos e colaboramos co Concello e con outras Administracións na xestión de proxectos vinculados co medio ambiente.
  • Emitimos informes relacionados co medio ambiente a petición doutros servizos municipais.
  • Colaboramos coa universidade e outras institucións educativas na realización de prácticas dos alumnos.
  • Expedimos certificacións relacionadas cos servizos que prestamos. /li>
  • Organizamos visitas guiadas á ETAP, á EDAR e ó Punto Limpo da cidade.
  • Controlamos os niveis de contaminación atmosférica no municipio, mediante a instalación e control de cabinas de medición.

Ciclo da Auga

  • Xestionamos o ciclo integral da auga, desde a captación no río Miño, o tratamento na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), a subministración da mesma, o tratamento na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) e vertido ás canles naturais.
  • Controlamos a calidade da auga de consumo humano en todo o ciclo, así como de fontes públicas, e difusión dos resultados.
  • Inspeccionamos os vertidos industriais á rede municipal de saneamento.
  • Tramitamos expedientes de autorización de vertidos de augas residuais á rede de saneamento municipal.

Parques e xardíns

  • Deseñamos e proxectamos novas zonas verdes na cidade.
  • Xestionamos e realizamos o mantemento dos xardíns e zonas verdes da cidade, así como do arboredo urbano.
  • Instalamos e realizamos o mantemento do mobiliario urbano en zonas verdes e de áreas de xogo infantís.

Xestión de residuos

  • Realizamos a dotación, distribución e mantemento do mobiliario urbano asociado á xestión de residuos.
  • Realizamos a recollida de residuos domiciliaria e entrega a xestor autorizado.
  • Realizamos a recollida porta a porta de vidro e cartón en comercios e hostalería nalgunhas zonas da cidade.
  • Realizamos a recollida selectiva de aceite usado doméstico a través de supermercados.
  • Realizamos a recollida domiciliaria de mobles e enseres.
  • Realizamos a recollida selectiva de pilas en comercios e colexios.
  • Prestamos o servizo especial de retirada diúrna de contedores no casco histórico.
  • Prestamos o servizo de recollida selectiva de residuos a través de puntos de achega na cidade e na zona rural.
  • Xestionamos o Punto Limpo municipal.

Limpeza viaria

  • Realizamos a limpeza viaria na cidade.
  • Levamos a cabo a limpeza de vertedoiros incontrolados non autorizados.

Tenza de animais

  • Tramitamos expedientes de concesión e revogación de licenza municipal para a tenza de animais clasificados como potencialmente perigosos.
  • Xestionamos o Rexistro Municipal de animais potencialmente perigosos.
  • Xestionamos o Rexistro Municipal de identificación de animais da especie canina.

Os nosos compromisos

  • Prestar correcta atención ós cidadáns, persoal e telefonicamente, para resolver as dúbidas, queixas ou dificultades que lles poidan xurdir en relación cos servizos que prestamos e cos trámites que realizamos.
  • Dar resposta ás queixas e suxestións dos cidadáns no prazo máximo de 1 mes.
  • Asesorar e informar ós cidadáns en cuestións relacionadas co medio ambiente en xeral no prazo máximo de 3 días hábiles.
  • Tramitar os expedientes de autorización de vertido á rede municipal de saneamento no prazo máximo de 1 mes, sempre e cando se aporte correctamente toda a documentación requirida.
  • Garantir a potabilidade da auga procedente do sistema municipal de abastecemento na cidade, dentro dos límites establecidos pola normativa vixente. No caso de que, por avaría ou forza maior, a auga non sexa apta para o consumo, avisarase á cidadanía de inmediato a través dos medios de comunicación.
  • Garantir a depuración das augas residuais da rede de saneamento municipal, dentro dos límites establecidos pola normativa vixente.
  • Manter en estado axeitado para o seu uso e desfrute polos cidadáns os parques, xardíns e zonas de xogos infantís.
  • Prestar diariamente o servizo de recollida de residuos xenéricos e envases na cidade.
  • Prestar semanalmente o servizo de recollida de residuos xenéricos e envases na zona rural.
  • Prestar semanalmente o servizo de recollida selectiva de contedores de papel, vidro, enseres e pilas.
  • Solucionar calquera disfunción dos servizos de recollida de residuos ou limpeza viaria no prazo máximo de 2 días hábiles.
  • Recibir no Punto Limpo Municipal todos aqueles residuos procedentes de domicilios particulares que cumpran coas normas establecidas para a súa utilización.
  • Prestar o servizo de limpeza viaria na cidade mediante varrido diario e baldeo semanal, segundo programación.
  • Tramitar os expedientes de licenzas para a tenza de animais perigosos e de inscrición no Rexistro de animais potencialmente perigosos no prazo máximo de un mes, sempre que se aporte correctamente toda a documentación requirida.

Seguimento dos compromisos

  • Número de queixas e suxestións dos cidadáns resoltas dentro do prazo fixado e porcentaxe sobre o total.
  • Número de consultas dos cidadáns relacionadas co medio ambiente en xeral atendidas dentro do prazo fixado e porcentaxe sobre o total.
  • Número de expedientes de autorización de vertido á rede municipal de saneamento resoltos dentro do prazo fixado e porcentaxe sobre o total.
  • Número de días ó ano nos que a auga non cumpre os parámetros de potabilidade e porcentaxe sobre o total.
  • Número de días ó ano nos que o efluente vertido pola depuradora municipal non cumpre os límites de vertido establecidos e porcentaxe sobre o total.
  • Número de días ó ano nos que non se presta o servizo de recollida de residuos xenéricos e envases na cidade e porcentaxe sobre o total.
  • Número de semanas ó ano nas que non se presta o servizo de recollida de residuos xenéricos e envases na zona rural e porcentaxe sobre o total.
  • Número de semanas ó ano nas que non se presta o servizo de recollida selectiva de contedores de papel, vidro, enseres e pilas e porcentaxe sobre o total.
  • Número de disfuncións do servizo de recollida de residuos solucionadas no prazo fixado e porcentaxe sobre o total.
  • Número de disfuncións do servizo de limpeza viaria solucionadas no prazo fixado e porcentaxe sobre o total.
  • Cantidades de residuos procedentes de domicilios particulares recollidas no Punto Limpo Municipal.
  • Número de días ó ano nos que non se realiza o varrido na cidade e porcentaxe sobre o total.
  • Número de semanas ó ano nas que non se realiza o baldeo na cidade e porcentaxe sobre o total.
  • Número de expedientes de licenzas para a tenza de animais perigosos e de inscrición no Rexistro de animais potencialmente perigosos resoltos dentro do prazo fixado e porcentaxe sobre o total.

Onde estamos

Centro de Servizos Municipais Ronda da Muralla, 197 - 3º andar 27002 Lugo

Horarios de atención ao público

Atención presencial Luns a venres laborables, de 8:30 a 14:30 Atención telefónica (010) Luns a venres laborables, de 8:30 a 20:30. Sábados laborables, de 9:00 a 14:00

Para contactar connosco

Tel. 010 / 982 297 350 Fax 982 297 349 medioambiente@lugo.gal www.lugo.es

Envíanos a túa opinión

Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán