Sede electrónica

Biblioteca Municipal

Presentación

A Biblioteca Municipal de Lugo é un servizo público dirixido ás cidadás e cidadáns de Lugo que ten como obxectivo facilitar e promover o acceso á información, á educación e á cultura.

Servizos que prestamos

  • Informamos ás usuarias e usuarios sobre as condicións de acceso e os servizos que ofrece a Biblioteca.
  • Contamos con salas para a lectura e consulta das coleccións da Biblioteca en libre acceso.
  • Facilitamos información bibliográfica sobre autores, títulos e materias ou temas específicos.
  • Xestionamos o préstamo domiciliario de libros dos fondos bibliográficos municipais.
  • Xestionamos o préstamo de material audiovisual.
  • Realizamos reservas de préstamos.
  • Poñemos a disposición das usuarias e usuarios bases de datos en liña (consultas do OPAC) e en cd-rom.
  • Contamos cunha sección de publicacións periódicas (prensa e revistas de temática variada).
  • Dispoñemos de 3 ordenadores para uso público e de rede wifi para o acceso a internet.
  • Programamos actividades de animación á lectura.
  • Organizamos actividades culturais, tales como presentacións de libros e conferencias de escritores.
  • Visitas para grupos escolares.
  •  

Os nosos compromisos

  • Proporcionar ás usuarias e usuarios da biblioteca información inmediata sobre as condicións de acceso e os servizos que ofrece a Biblioteca Municipal.
  • Dispoñer de prensa diaria local e nacional.
  • Dar de alta ás usuarias e usuarios da biblioteca no prazo máximo de 1 día hábil desde a súa solicitude.
  • Tramitar as peticións de préstamo domiciliario no momento.
  • Tramitar as peticións de reserva de fondos no momento. Cando se encontre dispoñible o fondo reservado, comunicarémosllo á persoa interesada polo medio que nos tivera indicado.
  • Realizar programacións anuais de animación á lectura na biblioteca.
  • Adecuar os fondos ós intereses da cidadanía.

Seguimento dos compromisos

  • Número de consultas atendidas no momento e número sobre o total.
  • Número de días nos que se adquire e se pon a disposición do público a prensa do día, e porcentaxe sobre o total.
  • Número de altas efectuadas no prazo de 1 día hábil e número sobre as solicitadas.
  • Número de peticións de préstamo domiciliario tramitadas no momento e porcentaxe sobre as solicitadas.
  • Número de peticións de reserva de fondos tramitadas no momento e porcentaxe sobre as solicitadas.
  • Número de programacións de animación á lectura realizadas no ano.

Onde estamos

Avda. da Coruña s/n (Parque da Milagrosa) 27003 Lugo

 

Horarios

Horario de inverno Luns a venres laborables, de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 Horario de verán Luns a venres laborables, de 9:00 a 14:30 (1 de xullo a 15 de setembro)

 

Para contactar connosco

Tel. 982 297 414 / 982 297 415 Fax 982 297 416 bibliotecamunicipal@lugo.gal www.lugo.es

 

Envíanos a túa opinión

Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán